Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

inicio | facemos | formación


formación


Área de capacitación, formación e sensibilización dos recursos ambientais e forestais, impulsando o desenvolvemento local,  usos e costumes.

 

Interpretación ambiental - patrimonio.

Elaboración de proxectos e promoción de programas ou servizos compatibles co coidado do legado cultural, onde a comunidade local poida participar activamente.

 

Elaboración de publicacións, edición de material divulgativo.

O deseño e creación de xogos interactivos, guías de interpretación, folletos divulgativos, etc. son as ferramentas empregadas por xesforesta s. coop. galega para sensibilizar e formar nas materias ambientais e forestais.

 

Formación e sensibilización ambiental.

xesforesta s. coop. galega pon en servizo o seu coñecemento para incidir sobre a poboación, propostas que favorezan a percepción de multifuncionalidade dos terreos forestais e a explotación racional dos recursos.

 

 

Algúns dos nosos traballos:

 

novembro 2013 - xaneiro 2014 | Mancomunidade de Municipios Arousa Norte | curso traballos forestais e conservación do medio natural

 

  xuño 2013 | Mancomunidade de Municipios Arousa Norte | exposición do plan de viabilidade empresarial adaptado á realidade dos nosos montes

 

abril - xuño 2013 | Mancomunidade de Municipios Arousa Norte | curso aproveitamentos forestais e non forestais na Serra do Barbanza

 

novembro 2012 | ANPA do CEIP de Frións | obradoiro de xogos e xoguetes naturais

 

Escola de Tempo Libre RECURSOS | módulo de educación ambiental e natureza (curso monitor/a de tempo libre)