Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

inicio | facemos | ambiental


ambiental


Nesta área produtiva ofrecemos servizos encamiñados a corrixir, restaurar e conservar os recursos naturais e paisaxísticos de Galicia.

 

 

Os servizos son:

 

Silvicultura preventiva.

xesforesta s. coop. galega aposta pola plantación de especies autóctonas con alta resistencia aos incendios forestais, impulsando á ordenación por rodais mixtos, repoboacións con especies autóctonas e implantación de corta lumes verdes.

 

Restauración hidrolóxico - forestal.

Conxunto de actuacións necesarias para a fixación do solo por medio da implantación e conservación da cuberta vexetal de ribeira e a regulación dos cursos de auga mediante obras de corrección das canles torrenciais.

 

Plans defensa contra incendios forestais.

A prevención de incendios forestais pasa por unha correcta planificación. xesforesta s. coop. galega ofrece solucións que garanten a protección e estabilidade dos ecosistemas.

 

Impacto ambiental.

Elaboración de estudos de impacto ambiental e informes de sostibilidade.

 

Elaboración de programas de manexo de áreas naturais protexidas.

xesforesta s. coop. galega, por medio de procedementos de información e participación dos axentes sociais, traballa pola conservación e mellora da diversidade biolóxica nas prácticas de xestión, mellora, defensa e restauración de espazos forestais e áreas naturais protexidas.

 

Aproveitamentos do monte: landras, cogomelos, biomasa, silvopastoreo, plantas aromáticas e medicinais, etc.

A multifuncionalidade dos recursos forestais e ambientais son a base para unha xestión sostible. Este é o noso modelo para potenciar os aspectos económicos e sociais das contornas rurais de Galicia.

 

 

Algúns dos nosos traballos:

 

setembro 2013 | Comunidade de Montes de Olveira | saneamento de antigo vertedoiro para usos recreativos